Seguen aparecendo as sorpresas do Nadal de Santiago Centro. Ata o próximo 5 de xaneiro, facer as compras no Ensanche de Compostela ten premio a través da campaña de boletos con regalo directo impulsada por Santiago Centro, Área Comercial. Máis de 500 agasallos, achegados polos propios negocios e pola Fundación Santiago Centro, están á disposición dos clientes que merquen nos establecementos adheridos á campaña: descontos directos de ata o 50% a produtos de primeira calidade como gafas das máis coñecidas marcas; tablets e lápices de memoria USB; mochilas; zapatos; libros; pequenos electrodomésticos; prendas de moda; cursos personalizados de inglés; complementos; artigos deportivos; reloxos; cestas de Nadal; consumicións en logcais hostaleiros; e vales de compra de ata 50€ para gastar nos establecementos asociados. 

O funcionamento é moi sinxelo: os establecementos entregan aos clientes un boleto que, ao abrirse, indica se está premiado e onde se pode conseguir o agasallo, sen sorteos e de forma inmediata.  Santiago Centro conta nesta iniciativa co apoio do Concello de Santiago, da Deputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia.