O comercio electrónico protagoniza o mes de xuño no Centro Demostrador TIC Galicia (CDTIC). Catro conferencias explorarán varias das cuestións clave para que funcione un negocio por Internet. A inscrición está aberta na web do centro e debe realizarse para cada un dos eventos.

As sesións celebraranse de forma presencial no CDTIC de Conxo (Rúa de Airas Nunes, s/n). O programa de charlas é o seguinte:

5 de xuño: #MesD Comercio electrónico. As claves para o éxito

12 de xuño: #MesD Comercio electrónico. Prezos e competencia

19 de xuño: #MesD Comercio electrónico. Campañas e promocións

26 de xuño: #MesD Comercio electrónico. Plataformas e tenda

Por outra banda, está aberta a inscrición para o curso de “Xestión comercial de vendas” (programa Mocidade con Emprego), que se corresponde co certificado de profesionalidade (COMT0411) Xestión comercial de vendas (RD 1694/2011, de 18 de novembro).

Para acceder a esta formación é necesario ser menor de 30 anos e maior de 16 e ter finalizados como mínimo os estudos de Bacharelato ou equivalente, ademais de estar inscrito no rexistro de garantía xuvenil.

O curso consta de 630 horas (incluídas as prácticas en empresa) en horario de mañá e os participantes que estean percibindo prestación por desemprego terán dereito a unha bolsa-axuda de 350€ por mes durante a formación.

Para máis información e inscrición é preciso chamar ao teléfono 981 543 060 ou escribir ao correo electrónico axencialocaldecolocacion@santiagodecompostela.gal.